Skip to main content
Sarria

Sarria acolle unha xornada informativa para que as persoas migrantes poidan resolver dúbidas

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

A partir das 17.00 horas terá lugar unha charla informativa dirixida ás persoas migrantes para tratar de resolver as súas dúbidas e as consultas máis habituais en materia de estranxeiría nas dependencias da Parroquia Nosa Señora do Rosario (Rúa Formigueiros).

Así, un avogado de Cáritas Interparroquial de Sarria será o encargado de guiar esta sesión informativa, que é gratuíta e encádrase dentro do proxecto de asistencia técnico-xurídica a persoas migrantes ‘Contade con nós’, que está a desenvolver Cáritas Diocesana de Lugo.

As persoas interesadas en asistir a esta sesión informativa poden recoller a folla de inscrición no Departamento de Sevizos Sociais do Concello e cubrila durante o día de hoxe na sede de Cáritas.