Skip to main content
Sarria

O alumnado de 2º da ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria realizou unha actividade de cálculo e gastronomía

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

O departamento de Matemáticas do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria realizou co alumnado de 2º ESO unha actividade na que realizaron cálculos e porcentaxes para elaborar doces.

Baixo o nome de ‘Masterchef’, a actividade consistiu en abordar desde a compra de ingredientes ata o análise de porcións, valorando o proceso de elaboración e aplicando medicións e cálculos.

A actividade rematou cun concurso e un almorzo no que o alumnado compartiu os doces cos compañeiros e compañeiras, polo que desde o centro educativo valoran esta actividade como “moi completa enmarcada dentro do Club de Ciencias”.