Skip to main content
Sarria

Chega este mércores a Sarria a Gran Gala de Maxia de Nadal da man de Roberto Lolo

Por 26 Decembro, 2023Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

Volve a maxia a Sarria da man do mago Roberto Lolo, despois de que organizara este verán o XVIII Festival Internacional de Maxia Vila Sarria, que congregou artistas de todo o mundo.

Neste caso, Roberto Lolo actuará de novo en Sarria este mércores, día 27 de decembro, no salón de actos da Casa da Cultura cun espectáculo de Nadal para todos os públicos que o propio artista define como “Gran Gala de Nadal, un evento máxico e divertido”.

Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo achegándose ao lugar a partir das 18.00 horas ata completar o aforo. Os máis pequenos das familias participantes obterán, ademais, agasallos, polo que será “unha festa inesquecible”, sostén Lolo.