Skip to main content
Sarria

Esta tarde celébrase o Concerto de Nadal do Concello de Sarria da man dos grupos da Escola de Música

Por 20 Decembro, 2023Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

As Agrupacións da Escola de Música de Sarria, Os Petapouco, A Minibanda e Clarisaxos, actuarán esta tarde, ás 19.30 horas, no Concerto de Nadal do Concello.

A Casa da Cultura será o lugar de celebración, onde as bandas levarán unha composición musical con tons de Nadal para que todas as persoas que queiran participar poidan desfrutar da música sarriá de forma gratuíta e aberta.

Así, estas tres bandas que actuarán porán a proba os seus coñecementos e traballo durante os anos nos que os profesores Manuel Montero (profesor de clarinete e saxofón) e José Luis García (profesor de percusión) instruíron a estes alumnos.