Skip to main content
Sarria

Esta tarde inaugúrase o Mercado de Nadal de Sarria

Por 21 Decembro, 2023Decembro 22nd, 2023Sin comentarios

Esta tarde, ás 17.00 horas, inaugúrase o Mercado de Nadal de Sarria, que estará aberto ata o vindeiro 7 de xaneiro en horario de 17.00 a 20.30 horas, agás os días 24, 25 e 31, que estará de 17.00 a 19.00 horas e o 1 de xaneiro estará pechado.

A inauguración terá lugar nun evento que contará coa participación da Coral Polifónica de Sarria, que traerá a música á vila para que todos os veciños e veciñas desfruten dunha tarde única.

Este Mercado de Nadal contará con distintos postos de diversos comercios e negocios de Sarria, que ofrecerán os seus produtos nunhas casiñas de Nadal decoradas para amenizar así esta época do ano.