Skip to main content
BarreirosO ValadouroPantónSarriaTaboada

As curtametraxes ‘Nena’ e ‘A Rabia’ serán proxectas en diferentes municipios da Mariña e do sur de Lugo

Por 25 Decembro, 2023Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza un ciclo de proxeccións das curtametraxes lucenses ‘Nena’, de Xose A. Touriñán, e ‘A Rabia’, de Alberto Díaz López; filmadas en Mondoñedo e no Courel e premiadas internacionalmente.

Así, Quiroga, Taboada, Pantón, Sarria, Barreiros e Valadouro acollerán as proxeccións, que contarán coa participación de membros do equipos de gravación, realización e produción das curtas, da produtora de Bóveda Mordisco Films.

As proxeccións serán o 26 de decembro no Auditorio Casa da Cultura de Quiroga ás 19.30 horas, o 27 de decembro no Centro Social San Cosme de Barreiros ás 20.30 horas, o 28 de decembro na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro ás 19.00 horas e o mesmo día na Sociedad La Unión de Sarria ás 19.30 horas; mentres, o día 29 de decembro proxectaranse no salón de actos do cuartel vello de Taboada ás 20.30 horas e o 30 de decembro no Local Social San Fiz de Cangas de Pantón ás 19.00 horas.

Estas sesións de cinema cuarto encádranse nas iniciativas de apoio a difusión do audiovisual galego e en galego da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, con propostas como o Ciclo Mestre Mateo, que proxectou as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos últimos Premios Mestre Mateo, ou as sesións de Cine na rúa, cunha vintena de proxeccións nos meses de verán.