Skip to main content
Sarria

O Coro Sarricanta e a Banda de Música de Sarria actúan este sábado no Concerto de Fin de Ano

Por 29 Decembro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 30 de decembro, terá lugar na Igrexa nosa Señora do Rosario de Sarria o Concerto de Fin de Ano do municipio.

Nel, o Coro Sarricanta e a Banda de Música de Sarria interpretarán diferentes pezas a partir das 20.00 horas para o deleite das persoas asistentes.

Así, calquera persoa interesada en participar desta iniciativa poderán facelo e rematar así o ano dunha maneira festiva xunto cos veciños.