Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A casa museo de Manuel María proxecta este sábado ‘Julia’

Por 13 Decembro, 2023Sin comentarios

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, 16 de decembro, ás 19 horas o filme Julia, do director vilalbés Jacobo Lagüela Castro. Após a súa estrea en cinemas en setembro e o seu exitoso percorrido internacional por festivais de tres continentes, a película mergullará os asistentes que se acheguen a Outeiro de Rei na conmovedora historia dun neto emigrado no Reino Unido e a súa avoa Julia.

Filmada durante as vacacións de Jacobo Lagüela no concello de Vilalba, o filme non só captura a vida de Julia, senón que tamén rescata arquivos históricos doutros directores que filmaron nos mesmos lugares de Galiza desde os anos vinte até os anos 60. A banda sonora, de Xosé Lois Romero e Aliboria e Baiuca, guía o espectador a través do presente, pasado e futuro, recollendo as últimas vontades da avoa Julia. O seu desexo é claro, que os seus bisnetos comprendan a súa forma de vivir e se esforcen en preservala.

Logo de finalizar o filme, o director Jacobo Lagüela, manterá un coloquio cos espectadores.

Para ver a película é necesario facer reserva (billete: 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621