Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Penas de rodas acolle unha peza teatral este sábado

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Penas de Rodas poderán gozar dunha nova proposta teatral. Este sábado, 16 de decembro, poderán ver Vaise pechar unha casa máis, dirixida por Os Baluros.

Trátase dunha proposta de carácter gratuíto que terá lugar no local social da asociación. A peza teatral comezará ás 17.00 horas.

Pepe é un labrego que vive nunha aldea xunto coa súa nai, a viúva Maruxa. Con moitas dificultades sobreviven sen atopar o xeito de mellorar naquel medio rural de mediados dos setenta. Engaiolado polos relatos da vida que di levar un veciño emigrado, segue o camiño deste, a pesares da fonda tristura que senten, tanto el como a súa nai. Pero un agravamento da saúde de Maruxa, forza o seu regreso.

A cita está organizada pola Asociación Penas de Rodas e conta coa financiamento da Deputación provincial de Lugo.