Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O concello de Outeiro de Rei contará este día 5 coa tradicional Festa de Reis

Por 31 Decembro, 2023Xaneiro 17th, 2024Sin comentarios

Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas de Nadal organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional Festa de Reis, que dará comezo ás 17:00 h coa actuación do Mago Nacho Samena no salón de actos da csa da cultura; ao seu remate, sobre as 18:15 h terá lugar unha festa-merenda con roscón de Reis e lambetadas varias á que está convidada toda a infancia do municipio e que se realizará no pavillón municipal de deportes.

Posteriormente, sobre ás 19:00 h, terá lugar a chegada das súas Maxestades de Oriente ao pavillón municipal que repartirán agasallos aos máis pequenos.

A tal fin, os pais e nais que así o desexen poderán levar os regalos dos seus fillos á casa da cultura (xunto ao colexio) a semana do 2 ao 5 de xaneiro en horario de oficina, e o mesmo venres día 5 tamén pola tarde, de 16:30 h a 19:00 h, ao pavillón para que lles sexan entregados polos Reis na mencionada festa.