Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Acometen en Pol a sinalización do patrimonio cultural e etnográfico do territorio

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

O Goberno local vén de rematar a instalación dunha nova sinalización turística, un proxecto para poñer en valor o patrimonio cultural, natural e etnográfico do termo municipal. O proxecto, que leva o nome de Rede Municipal de Micropaisaxes, consiste nun mapa instalado no centro da localidade que identifica os principais reclamos turísticos.

Ademais colocáronse 18 balizas en cada un dos elementos a destacar. Cada baliza consta do seu participar QR, que lle permite ao usuario deste sistema localizar os elementos catalogados de forma sinxela.

Investiuse neste proxecto un total de 29.000 euros.

Este mapa recolle tanto edificios singulares, principalmente relixiosos, como fontes naturais ou áreas de descanso.