Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

O Trofeo Concello das Pontes de tiro con arco terá lugar o día 9

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

Os amantes do tiro sobre diana teñen unha cita nas Pontes. O municipio organiza a XXIV edición do Torneo As Pontes Las Vegas SILEX Style. O Trofeo Concello das pontes terá lugar no pavillón municipal o vindeiro sábado 9 de decembro a partir das 9.45 horas.

Poderán participar os xogadores sénior, veteranos, júniors e cadetes. Organizaranse 2 rondas de 30 frechas pola mañá e outra ronda máis pola tarde. A apertura do campo de tiro e a revisión de material será ás 9.45 horas. Levaranse a cabo tres entradas de quentamento para dar inicio a nova edición do Concello coas dúas series de 30 frechas a distancia de 18 metros.

Pola tarde, ás 14.15 horas, terá lugar de novo a apertura do campo de tiro, tres entradas de quentamento e a terceira serie. O comezo das series finais será a partir das 16.45 horas. Pola súa parte, o remate do Trofeo Concello de As Pontes, a proclamación de Campións e entrega de trofeos será ás 19.00 horas.