Skip to main content
As Pontes

Os traballadores de Einsa desconvocan a folga indefinida

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

Os traballadores da empresa Einsa Print, con sede nas Pontes, puxeron punto e final á folga indefinida que iniciaran o pasado 26 de novembro. Tras desconvocar o paro, xurdido polo Ere presentado pola empresa, os empregados regresaron aos seus postos de traballo.

A folga xurdiu como reacción á decisión da compañía que afectaba a 135 traballadores da planta do Concello das Pontes, que sufrirían os despedimentos.

Os empregados, que reclamaban a paralización do Ere e a continuidade dos postos, tomaron a decisión de cesar a folga xa que Einsa solicitou a desestimación do expediente de emprego ao non conseguir un acordo na negociación.