Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

A gala de Nadal do Club Patín das Pontes recauda fondos para unha veciña con síndrome de RETT

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

Este ano a gala de Nadal do Club Patín das Pontes ten unha causa benéfica, xa que queren poñer o seu gran de area para axudar á veciña do concello Elena, que sufre a síndrome de RETT.

Deste xeito, As Pontes acollerá o vindeiro venres 22 de decembro a gala benéfica Patinando por Princesas. A cita comezará ás 20.30 no pavillón municipal do Concello.´

As entradas para a gala teñen un prezo de 5 euros e serán doados, en nome de Elena, á asociación Princesas Rett. Haberá tamén unha fila cero para facer doazóns.