Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

A veciñanza das Pontes xa pode participar no concurso de decoración de Nadal

Por 14 Decembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses pon en marcha un ano máis o seu concurso de decoración de Nadal. Os interesados poden inscribirse ata o vindeiro domingo 17 de decembro.

Hai distintas categorías: casas, edificios, clubs e asociación. Os interesados en participar deberán enviar as súas fotografías a través do correo electrónico cohempo@cohempo.es achegando a solicitude de inscrición que está dispoñible a través da web.

Cada persoa só pode presentar unha única candidatura e a proposta está aberta á veciñanzanda do termo municipal das Pontes. Deberanse presentar a solicitude xunto ás imaxes co obxectivo de poder incluílas na categoría correspondente.

No caso de non ter as fotografías antes do día 17 poderán enviarse posteriormente sempre que sexa antes do día 20 de decembro ás 13.30 horas. A valoración por parte do xurado será entre os días 20 e 30 de decembro.