Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

O Lago DVSport organiza un campus de nadal do 2 ao 4 de xaneiro en As Pontes

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

O club deportivo das Pontes Lago DVSport pon en marcha un ano máis seu Campus de Nadal de Tecnificación de Futsal e Multideporte, que chega á terceira edición e que terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro.

Este terá lugar en horario de 10.00 a 18.00 horas e haberá diversión, aprendizaxe, compañerismo, deportividade, ademais de xogos, moitos deportes e sobre todo moito futsal con xantar incluído.

O campus está dirixido a nenos nacidos entre o 2010 e o 2017 e os participantes recibirán dúas equipacións e para os xogadores do Lago DVSport haberá desconto.

As persoas interesadas terán de prazo ata o 22 de decembro para anotarse a través do teléfono 679 371 472 ou no correo lagodvsport@gmail.com.