Skip to main content
As Pontes

Terras do Anaris presenta unha ferramenta virtual para planificar visitas ao Eume

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

Terras do Anaris anuncia o lanzamento da súa nova ferramenta virtual, deseñada para dar a coñecer os valiosos recursos naturais e culturais da comarca do EUME. Esta ferramenta estará dispoñible a través da páxina web da asociación terrasdoanaris.gal a principios do ano 2024 e foi financiada con cargo a unha subvención da Deputación da Coruña para o ano 2023.

“Esta ferramenta representa un enorme púo á promoción dá nosa bisbarra” dixo Xosé María López, presidente de Terras do Anaris. “Permítenos abrir unha xanela ao EUME, facéndoo máis accesible e atractivo tanto para a propia poboación do territorio como para as persoas interesadas en visitar a nosa bisbarra”.

Unha das características destacadas desta ferramenta é a súa accesibilidade directa a través do navegador de calquera dispositivo móbil, ofrecendo unha experiencia similar a unha aplicación sen a necesidade de descargala no noso dispositivo. Ademais, proporciona aos usuarios a capacidade de planificar as súas visitas ao territorio seleccionando e obtendo información detallada sobre os lugares de interese de maneira clara e intuitiva.

Terras do Anaris está comprometida coa visibilidade do territorio, crendo firmemente que a ferramenta marcará un fito ao facer que o Eume sexa máis visible a través da Rede. Este esforzo busca colmar a falta de presenza na internet que experimentou a comarca do Eume durante moito tempo.

Con esta ferramenta, Terras do Anaris busca ofrecer unha experiencia personalizada aos usuarios, permitíndolles descubrir os recursos que máis se axusten aos seus intereses e preferencias durante a súa visita ao Eume.

Ademais de facilitar a planificación de visitas, esta ferramenta non só céntrase en atraer ao público, senón que tamén promove a sustentabilidade ao fomentar o turismo responsable e a conservación dos recursos naturais e culturais do territorio.

Así mesmo, garante a accesibilidade á información para todos os usuarios, independentemente das súas habilidades tecnolóxicas, co obxectivo de promover a inclusión e o acceso equitativo aos recursos do territorio.