Skip to main content
Axenda CaducadaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

A comisión de festas de Órrea, en Riotorto, prepara unha programación para despedir o ano

Por 17 Decembro, 2023Sin comentarios

A parroquia de Órrea, en Riotorto, despedirá o ano cunha programación pensada para todos os seus veciños. A comisión de festas é a encargada de organizar a cita para poñer punto e final ao 2023.

A programación comezará o vindeiro sábado 30. Neste día haberá unha gran verbena e unha chocolatada a partir das 23.00 horas.

O cantante Dani Pardo e a súa música serán os encargados de amenizar a noite. O domingo 31 haberá misa solemne e tamén sesión vermú da man de Dani Partdo.