Skip to main content
Axenda CaducadaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O usuarios dos centros sociais de Riotorto están convocados a un xantar de Nadal

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

O día 20 de decembro, mércores, o Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal especialmente dirixida a todos aqueles que participan nas actividades dos centros sociais.

O menú consta de empanadillas, callos, costela con patacas fritas e sobremesa, ademais de café. O prezo desta comida é de 25 euros por persoa e terá lugar no centro sociocultural de Riotorto servida polo mesón O Sarredo a partir das 14.30 horas.

Os interesados en inscribirse poden facelo nos propios centros sociais ou no Concello antes do 17 de decembro. Terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.

A xornada contará coa actuación do dúo Estrellas.