Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto entrega os premios dos participantes na VI edición da Ruta das Tapas

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Riotorto vén de entregar os premios na súa Ruta das Tapas, que este ano chegaba a súa sexta edición. Durante o 1 e o 2 de decembro a veciñanza puido gozar das propostas dun total de cinco establecementos hostaleiros que participaron no certame.

Finalmente, o primeiro premio foi para Carlos Goyos da Pontenova, que se fixo cos 200 euros. Manuel Santomé e Mota de Riotorto fixéronse co segundo e terceiro premio do concurso, dotados con 100 euros e un vale de 50 euros.

Mentres que Bruno Rodríguez de San Tirso e Xosé Chantres de Bretoña quedaron en cuarta e quinta posición respectivamente e conseguiron un vale de 50 euros.