Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Máis de 400 persoas participarán na nova edición da San Silvestre Vilalbesa o sábado

Por 29 Decembro, 2023Sin comentarios

Máis de 400 persoas participarán este ano na San Silvestre Vilalbesa 2023, que como cada Nadal servirá para dicir adeus ao ano este sábado e que se celebrará este sábado, 30 de decembro.

A proba dividirase de novo en seis categorías: mini (nados entre o 2018 ao 2020) cun percorrido de 150 metros; pitufos (2017 a 2016) con 300 metros; sub 10 (2015 a 2013) que completarán 900 m; sub 13 (2012 a 2010) con 1.800 m, e a absoluta (2009 e anteriores) cunha distancia de 5.120 m; así como a andaina de 2 quilómetros.

Coas inscricións pechadas están anotadas 155 persoas para a carreira absoluta, 99 para as de menores e outras 166 para a andaina.

A praza da Constitución de Vilalba será o punto de saída e de chegada das carreiras que comezarán ás 16:30 no caso dos máis cativos ata ás 17:30 horas, momento en que lle tocará a quenda ós participantes na proba absoluta e na andaina.

Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedir o ano, tódolos participantes poden asistir disfrazados.