Skip to main content
O PáramoUncategorized @gl

O monte O Faro do Páramo suma hectáreas grazas á aprobación dun deslinde

O xurado provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo vén de aprobar o deslinde do monte O Faro, propiedade da veciñanza da parroquia de Friolfe, no Páramo.

Esta resolución ten sentido pola conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural, que establece na nova cartografía que o monte Faro pasa a ter unha superficie de 74,11 hectáreas, tal e como se publicou no DOG.

Este expediente ten a súa orixe no ano 2019, cando en xaneiro propúxose unha iniciativa na Xunta de deslinde parcial do monte da comunidade de Friolfe con propiedades particulares. Así, esta deu paso a un periodo de exposición pública no que non se presentaron alegacións, o que permitiu un informe favorable do Servizo de Montes.