O arqueiro Santi González Villares vén de adxudicarse o primeiro posto do trofeo Federación e o da Liga Galega.
“Este seteiro está imparable”, din desde o seu club, o Iadovi de Cervo, “só podemos alegrarnos moito polo, darlle ánimos e desexarlle sorte nos seus próximos eventos de Nimes e nos campionatos nacionais”.