Skip to main content
Alfoz

Carballido, en Alfoz, celebra as súas festas os días 20 e 21 de xaneiro

Por 13 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Sebastián os días 20 e 21 de xaneiro, sábado e domingo. Haberá carpa climatizada.

As actividades empezarán o sábado ás 13.00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú co dúo Sensación. E pola noite haberá verbena co dúo Sensación, All Stars, o dj Marcos Peón e Conxuro Discomóvil.

E o domingo a partir das 13.00 horas celebrarase misa, procesión e sesión vermú con Belinda.