Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz xuntouse coas directivas das asociacións parroquiais para saber as súas necesidades

Por 25 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Alfoz reuniu ás directivas das asociacións parroquiais para que trasladaran as necesidades que aprecian nos seus barrios.

A alcadesa alfocega, Efigenia Maseda, acompañada polo primeiro tenente de alcaldesa, Jorge Val, xunto con outros membros do goberno; escoitaron as propostas da veciñanza para incluílas na medida do posible nos orzamentos.

Desta xuntanza a alcadesa comentou “que foi unha xornada produtiva na que o Goberno temos que facer unha valoración de prioridades, xa que hai moitas necesidades e unhas son máis urxentes ca outras”.