Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

A carreira Burela En marcha contra o cancro será en febreiro

Por 14 Xaneiro, 2024Xaneiro 18th, 2024Sin comentarios

A Asociación Española Contra o Cancro en Lugo celebra o vindeiro 4 de febreiro, ás 11.00 horas desde a praza da Mariña de Burela a súa carreira En Marcha Contra o Cancro.

Esta actividade lúdico-deportiva transcorrerá dende a praza da Mariña ata a praia da Marosa. Para participar será necesario inscribirse mandando un email a lugo@contraelcancer.es.

A Asociación agradece a participación masiva da sociedade lucense e a colaboración das distintas institucións e empresas que fixeron posible a realización deste evento.