Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

As primeiras cubas hibernadas da fábrica de Aluminio de San Cibrao estarán listas para o día 15

Por 9 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa comunicou que tras unha reunión que o rearranque das instalacións “podería realizarse o día 15, e que o 31 de marzo estarán as 32 cubas funcionando”.

Para que estes pasos sexan posibles di José Antonio Zan, presidente do comité, “que en decembro de 2023 xa tiñan preparadas 4 cubas que serían coas que se reiniciaría ese rearranque, e para ilo hai que meter tensión e fai falta unha serie de fitos levan un tempo e un proceso”.

“Por exemplo hoxe a cuba 104 da serie B de electrólise recibiu xa un baño líquido co que podemos dicir que é un do fitos, pero todos eles levan un tempo”, di Zan.

“O 31 de marzo van estar as 32 cubas arrancadas porque ademais estamos a traballar cuns tempos que nos dá un colchón para por superar algún problema gordo e poder asimilalo, engade Zan, “hai que deixarlles traballar con tranquilidade e non meter presión”.