Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

As rapazas do Club de Atletismo Ría de Foz proclamáronse campioas galegas de campo a través

Por 20 Xaneiro, 2024Sin comentarios

As rapazas do Club de Atletismo Ría de Foz veñen de proclamarse campionas galegas de campo a través na proba absoluta por equipos celebrada en Ribadavia, na que outros integrantes do club conseguiron tamén grandes resultados.

“O esforzo e dedicación víronse recompensados, e agora é tempo de felicitalas e animalas xa para o Campionato de España de Campo a través por equipos”, din desde o club focego.

Na categoría feminina sub-23, Sara Reimondo foi segunda e Elsa Pena conseguiu a medalla de bronce. En sub-20 Helena Celada rematou en cuarta posición e en sub-18 masculino, Lucas García foi terceiro.