Skip to main content
Foz

A Sala Bahía de Foz acollerá os sábados e domingos actuacións musicais

Por 31 Xaneiro, 2024Febreiro 1st, 2024Sin comentarios

A Sala Bahía, de Foz, acollerá bailes con actuacións musicais en directo os catro domingos de febreiro, organizados polo Concello de Foz. Son de 19.00 a 22.00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.

O domingo día 4 actuará Cuarteto Principal, o seguinte estará amenizado polo trío Primera Línea, o día 18 cantará o dúo D´Vicio e o último domingo do mes a actuación correrá a cargo do dúo Matices.

Así mesmo tamén anunciaron que haberá baile os sábados de 20.00 a 23.00 horas a 5 euros e comezando o día 3 con J. Manuel Abanico, seguirá o día 10 con La Hora bruja, o sábado 17 con Miguel La Clave e o día 24 con Ángel América.