Skip to main content
Lourenzá

Xa se poden facer as inscricións para o Domingo de Piñata de Lourenzá

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá están a prepara o tradicional desfile de Entroido ou Domingo de Piñata que este ano trasládase para o 25 de febreiro, con carácter excepcional.

Este cambio na data ven motivado pola celebración das eleccións autonómicas que terán lugar o 18 de febreiro, coa finalidade de garantir un bo funcionamento de ambas xornadas. Esta modificación só afectará a este ano e nos vindeiros seguirá celebrándose na súa data habitual, igual que sempre”.

Xa se poden facer as inscricións escribindo un correo a entroidolourenza@gmail.com ata o 23 de febreiro ou o mesmo día do desfile no recinto feiral de 12.00 a 15.30 horas.