Skip to main content
Mondoñedo

O Pasatempo, de Mondoñedo, prepara unha cea baile con cocido

Por 8 Xaneiro, 2024Xaneiro 9th, 2024Sin comentarios

A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza a súa segunda cea baile do Pasatempo para o 3 de febreiro, sábado, na Finca San Antonio.

As actividades comezarán ás 21.15 horas cun aperitivo amenizado polo dúo Epo-K. Ás 22.00 horas empezará a cea e a partir das 00.30 horas haberá baile de disfraces cos dúos Epo-K e Belinda.

As entradas para asistir, que teñen un prezo de 32 euros, poden mercarse en cinco establecementos hostaleiros de Mondoñedo ata o 29 de xaneiro.