Skip to main content
A Pontenova

O triplo campión do mundo de Pesca a Mosca estará na 44ª Festa da Troita da Pontenova

Por 8 Xaneiro, 2024Xaneiro 9th, 2024Sin comentarios

Os organizadores da 44ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, seguen coa presentación de participantes para a edición deste ano.

Así, estes días informaron que o campión francés Pascal Cognard, confirmou a súa presencia nesta festa. Segundo a CIT “Pascal é o auténtico referenteey figura case mítica no mundo da pesca de competición”. O seu palmarés é verdaderamente insuperable: tres veces consecutivas Campión do Mundo de Pesca a Mosca.

Tamén confirmaron asistirán que Sara Rodríguez de Anove Televisión, Francisco Fernández da revista Entre Cañas, Óscar Arratia e Sebas Cuestas de Río de la Vida, Eduardo Fernández de Terabithia Comunicación, Rafa González de Orbayu y Naturaleza e Kike Calleja de Río Salvaje.

Por outra banda o CIT da Pontenova acordou conceder a Troita de Ouro a título póstumo a Ramón Castro, Mundito. “A súa exemplaridade como veciño, como médico, como pescador e como activo colaborador do CIT, lévamos a homenaxealo na Festa da Troita de 2024”, sinalan.

“O seu pasamento hai uns días deixou unha fonda tristura na veciñanza e no colectivo de pescadores. Mundito foi un gran embaixador da Pontenova e do río Eo”, din dende o colectivo.

O Concello, hai uns anos, nomeouno Fillo Adoptivo recoñecendo o seu labor de divulgación dos valores da Pontenova e de defensa da pesca e do río Eo.

Ramón Castro era o actual director técnico do concurso do salmón, “pero perpetuaremos a súa memoria inaugurando a súa Pedra de Honra no Paseo e entregando a Troita de Ouro á súa familia”, engadiron.