Skip to main content
A Pontenova

Unhas 200 persoas gozaron da nova ruta das Minas da Pontenova

Por 22 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A veciñanza da Pontenova e os seus turistas gozaron este pasado 21 de xaneiro da nova ruta das Minas cunha andaina que tivo saída desde praza dos Fornos.

Foron ao redor de 200 persoas as que puideron desfrutar da ruta que inclúe ferratas, sendeiros, cascadas, a tirolina, unha ponte tibetano, vistas, boa gastronomía, e todo acompañado dun bo clima.

O camiño discorre xunto a chamada Vía Ferrata, un tramo curto que pode facerse nuns 15 minutos, e está marcado con grampas, cables, cadeas, e para ela será necesario colocarse os arneses para poder desprazarse polas rochas. Xa desde Penas do Castelo tamén se pode ir ás rutas da mina Consuelo ou a dos Fornos.

Ten unha distancia 5,6 quilómetros e conta con ramplas pronunciadas malia que non é necesario estar nun excelente forma física. Recomendan levar botas de sendeirismo, roupa cómoda, bastóns, e unha pequena mochila con bebida e algo de comida.

“Un día estupendo, con xente estupenda”, así dixeron desde as redes sociais,”moi top para un turismo slow, para un turismo sen estres, sen saturación”, engadiron algúns usuarios.

Para participar facela é necesario chamar 982 342 101 ou 697 532 809 ou mandar un email a turismo@concellodapontenova.org.