Skip to main content
Ribadeo

Os Reis Magos visitarán aos nenos de Ribadeo a partir das 19.00 horas

Por 4 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Os Reis Magos de Oriente visitarán aos nenos de Ribadeo o venres 5 de xaneiros a partir das 19.00 horas. Así, primeiro achegaranse ata a igrexa parroquial para facer unha ofrenda e despois percorrerán as rúas ribadenses.

Durante o seu percorrido repartirán lambetadas ata o Cantón onde haberá un Belén vivinte creado polos nenos de 4º ESO dos dous colexios da vila.