Skip to main content
Ribadeo

O BNG de Ribadeo critica o estado no que se atopan o campo de fútbol de Outeiro

Por 23 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O BNG de Ribadeo vén de criticar o estado no que se atopan os campos de fútbol municipais, en concreto o campo de Outeiro. Segundo os nacionalistas “é lamentable é a enésima chapuza deste desgoberno municipal”.

“Os bens municipais abandonados a súa sorte, o que é de todos os veciños e veciñas”, din, “parece que o Goberno do PP ten outras prioridades de gasto”, engaden.

PISTAS MULTIDEPORTE.

O concelleiro do BNG Martín Graña di que o “Goberno do PP mostra deixadez xa que esta cuestión, como é a falta de luz ao caer a noite ou o acendido a altas horas da madrugada, xa se levou a Pleno hai 4 meses e o Goberno municipal foi incapaz de solucionar os problemas que daquela xa se sinalaron”.

“Preguntámonos como é posible que unhas pistas deportivas que son utilizadas masivamente pola xuventude estean durante tantos meses neste estado recurtando así o tempo útil de uso. É intención do goberno municipal expulsar á xente moza dela? Como pensan fomentar a práctica deportiva e os hábitos saudables?”, di Graña, quen pregunta tamén a onde foron parar as canastras que se retiraron das pistas e cando pensan volver a colocalas.

“Varias persoas trasládannos tamén a preocupación pola desaparición das canastras e pídennos que pidamos información sobre se teñen pensado volver colocalas nalgún momento”, remata dicindo.