Skip to main content
Comarca AMARIÑAXATrabada

Mayra García Bermúdez acompañará a Besteiro na candidatura á Xunta como número 3

Por 9 Xaneiro, 2024Xaneiro 10th, 2024Sin comentarios

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, foi confirmada como número 3 nas listas socialistas por Lugo para acompañar a José Ramón Gómez Besteiro na candidatura á Presidencia da Xunta de Galicia.

Así, García Bermúdez deixará a Alcaldía nos próximos días, antes do 15 de xaneiro. Á espera dos prazos administrativos, o Concello de Trabada quedaría gobernado de forma interina por Julia María Barcia Fernández e “despois o futuro alcalde será Rubén García Freije”, di García Bermúdez.

Mayra García Bermúdez é a alcaldesa de Trabada desde o ano 2015, e foi a alcaldesa máis nova da provincia lucense con 26 anos.

Gómez Besteiro sinala que é “un equipo sólido, con traxectoria de xestión en distintos niveis da administración, con perfís profesionais de diversos ámbitos, que aportan experiencia e xuventude, e que representan á totalidade do territorio da provincia de Lugo”.

“Un equipo preparado para axudar ao candidato a dar o salto á Xunta, activando o cambio urxente que necesita Galicia, e no que a provincia de Lugo vai ser determinante. Por fin, os lucenses deixarán de estar discriminados polo Partido Popular, porque os socialistas, con Besteiro como presidente da Xunta, seremos capaces de poñer en marcha un novo proxecto de esperanza, de ilusión, de impulso e de novas oportunidades, que acaben coa inercia e a parálise na que o PP ten sometida a Galicia. Traballaremos polo futuro que necesita e que merece a nosa provincia”, subliñou o Secretario Xeral dos socialistas na provincia.

Así mesmo, onte coñeceuse que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, será a número 2.

 A LISTA SOCIALISTA

1.- José Ramón Gómez Besteiro
2.- Lara Méndez López
3.- Mayra García Bermúdez
4.- Miguel Tomé López
5.- Teresa Fernández Pérez
6.- Jaime Losada Sobrado
7.- Elena Cordero Becerra
8.- Manuel Eduardo Fernández Varela
9.- Catalina Fernández Domínguez
10.- Roberto Castro González
11.- Marina Ramudo Graña
12.- Miguel Ángel Vilar Rivas
13.- Silvia Rodríguez Díaz
14.- Jorge Val Díaz

Suplentes:

1.- Miguel Ángel Crende López
2.- Olimpia López Rodríguez
3.- Pablo Núñez González
4.- Ana Hortas Alonso
5.- Miguel Caloto Conde