Skip to main content
O Valadouro

O Concello do Valadouro recepcionará aos Reis Magos na casa da cultura

Por 4 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O próximo 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro, ás 19.00 horas sae a comitiva oficial desde o local social do Parque concepción Arenal cara o Belén Vivinte situado na casa da cultura, pasando pola praza de Santa María, A Ponte, avenida de Viveiro, etc. Nenos e nenas do Valadouro realizarán unhas ofrendas no Belén Vivinte.

Despois da Recepción Oficial, farase entrega da chave do concello para que as súas Maxestades podan acceder con maior comodidade ós fogares dos veciños.

Ó rematar, poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas en cadanseu buzón. Entre todos os asistentes repartiranse porcións de roscóns.

Nesta actividade colabora A.C. Amado Lar O Valadouro.