Skip to main content
O Valadouro

A gandaría volve ao Valadouro que se converterá este mes de febreiro no epicentro

Por 28 Xaneiro, 2024Xaneiro 29th, 2024Sin comentarios

O Valadouro converterase este mes de febreiro no epicentro da gandaría comezando o sábado 3 coa V Feira de razas autóctonas e que será a partir das 10.00 horas e repartirá 4.200 euros en premios en metálico.

Esta cita será no aparcadoiro municipal a carón da piscina e contará co concurso morfolóxico oficial Cabalo de Pura Raza Galega e os concursos de lotes por cantidade de vacún Rubia Galega e Morenas Noroeste, Cabalo Pura Raza Galega, Galiña de Mos, Pita Piñeira, Can de Palleiro, Burro Fariñeiro, Porco Celta, Ovella Galega e Cabra Galega.

Tamén haberá unh demostración de doma de alta escola co traballo pé a terra da Asociación Pura Raza de Cabalo Galego e sesión vermú con Brétema Band, a II carreira de Cabalo Marchador Galego e unha degustación de carne poldro nos locais hostaleiros. Durante toda a xornada haberá pasacalles a cargo de Amado Lar O Valadouro.

Xa o sábado 10 de febreiro serán as conferencias sobre ordenación das granxas bovinas, no salón de actos da casa da cultura ás 12.00 horas.

E por último o sábado 17 celebrarase a II Feira de Gando na que se repartirán 1.000 euros en premios e o III Concurso de Andadura Galega con 1.500 euros en premios.

As inscricións poderanse facer por WhatsApp nos seguintes números: 654 168 541, 658 846 529, 646 113 287 e 663 985 785 para o concurso de andadura, e o 689 419 722 para o de C.M.G.