Skip to main content
O Valadouro

O Entroido do Valadouro contará con desfile, festa infantil e Enterro da Sardiña

Por 30 Xaneiro, 2024Xaneiro 31st, 2024Sin comentarios

O Concello do Valadouro organiza un ano máis a festa do Entroido que será o domingo 11 de febreiro e que contará con desfile de disfraces, unha festa e o Enterro da sardiña.

Así, o 11 de febreiro a partir das 17.00 horas será o desfile polas rúas de Ferreira ata o pavillón municipal. En caso de que as condicións meteorolóxicas impidan a realización do desfile, trasladarase integramente ao pavillón.

Para participar será necesario a inscrición previa ata o venres, 9 de febreiro, ás 20.00 horas na casa da cultura ou polos leitos habituais da Administración ou o mesmo día no punto de saída de 15.00 a 16.30 horas.

Ás categorías nas que estrutura este concurso son individual, parella e grupo infantil e adulto, e comparsa. Os gañadores dos premios coñeceranse unha vez finalizado o desfile no pavillón polideportivo e despois da actuación musical.

Xa o día 13, o martes de Entroido, a partir das 16.30 horas no pavillón será a festa de disfraces infantil que contará con xogos, inchables, e obradoiro. E o venres 16 a partir das 20.00 horas o esperado Enterro da Sardiña e a lectura de coplas e versos.