Skip to main content
O Vicedo

O PSOE do Vicedo estreará novo local

Por 15 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A agrupación socialista do concello do Vicedo vai estrear en breve novo local no que poder atender aos veciños e veciñas que queiran mostrar calquera inquedanza relacionada coa vida don Concello.

Así, este local estará situado na Travesía da Mariña, onde estaba antigamente a farmacia, malia que aínda “estamos en obras”, indica a voceira municipal socialista, María Pérez Santaballa, “pero cando estea listo faremos unha inauguración para que o coñezan todas as persoas”.

Pola súa parte, o grupo municipal tamén informou que seguirá neste novo ano 2024 “a presentar mocións para que o noso municipio funcione da mellor maneira posible e a veciñanza se sinta atendida así como os seus problemas”, remata dicindo Pérez Santaballa.