Skip to main content
O Vicedo

A Asociación Cultural Riobarba, no Vicedo, organiza a festa do patrón o sábado

Por 17 Xaneiro, 2024Xaneiro 18th, 2024Sin comentarios

A Asociación Cultural Riobarba organiza para o vindeiro sábado 20 de xaneiro a festa do patrón, San Pablo Riobarba.

Esta cita lúdica comezará coa misa ás 13.00 horas e despois haberá vermú amenizado polo grupo Caramelo, seguido duns pinchos de boliños preñados e empanada.

Xa pola noite, a partir das 21.30 horas, seguirá a festa co grupo Caramelo e D’Cache Music. Tamén haberá un sorteo de dúas cestas de agasallo.