Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAO Vicedo

Xa hai data para o IV Trail do Fuciño do Porco 2024

Por 19 Xaneiro, 2024Xaneiro 20th, 2024Sin comentarios

A organización do Trail do Vicedo informou da data da nova edición desta proba deportiva e que chega ao seu cuarto ano.

Esta cita será o vindeiro 19 de maio de 2024  e coma sempre contará con andaina e trail corto de 15 quilómetros e trail longo de 24. “Mantén as características principais de todos os anos pero con variantes nos percorridos para facela máis atractiva aos afeccionados do Trail galego”, dixeron.

Haberá algunhas novidades que irán expoñendo ao longo destes meses que faltan e anunciaron que se sorteará un dorsal en cada unha das categorías.

Coma noutras ocasións repartiranse trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos e o máis novo.

Esta carreira de monte está adicada a Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail en 2019 e falecida correndo en 2021.