Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro pide a reparación da estrada de Cancelo ata O Xuncal

Por 6 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Por Viveiro vén de presentar un rogo para a reparación da estrada de Cancelo (intersección LU-P-2604) ata O Xuncal na parroquia de Valcarría “presenta un acusado estado de deterioro, con numerosas fochancas”.

Este feito dificulta notablemente os movementos das persoas que habitan no devandito lugar do Xuncal, “complicando incluso o achegamento das subministracións mais básicas para o día a día das familias”, di seu concelleiro, Manuel Galdo Dopico.

Así mesmo, tamén piden que a glorieta que forman o paseo de fachada, variante e ponte da Misericordia sexa reparada, pois “presenta numerosos danos: lousas rotas, mal asentadas ou literalmente inexistentes, sumidoiros nos que medra abondosa herba, pranchas metálicas na ponte moi esvaradías, etc.”

“Estes feitos ademais de presentar unha imaxe moi deficiente, ocasionan riscos de seguridade para as persoas que utilizan de xeito cotiá este paseo, un dos mais emblemáticos do noso concello”, remata dicindo Galdo Dopico.