Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes RIBEIRASACRAXALugoMonforte

O CN Portamiñá conquistou 30 medallas no Galego de natación disputado en Frigsa

Por 2 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O CN Portamiñá de Lugo tocou teito de novo no Campionato Galego de natación para as categorías júnior e absoluto que se celebrou nas instalacións de Frigsa os últimos días do ano.

O club lugués logrou sumar un total de 30 medallas, das que 20 foron de ouro, obtidas logo de liderar as clasificacións xerais en ambas as dúas categorías.

O CN Portamiñá liderou con 914 puntos a clasificación absoluta, por diante do Ponteareas e o Ferrol. Foi unha situación moi similar á vivida na categoría júnior, que encabezou con 781 puntos, por diante tamén dos mesmos clubs que na absoluta.

As irmás Inés e Sofía Mourenza sumaron elas soas un total de oito medallas.

Tamén o Club Fluvial obtivo grandes resultados, cun total de 12 medallas, 7 delas de ouro, cun cadro liderado por Ana Cernadas, que se levou para casas tres medallas de líder.

Tamén o equipo monfortino do CN Monforte finalizou o campionato con bos resultados. Neste caso foron cinco as medallas, dúas de prata e tres de bronce con José Moure Doval liderando o seu club logo de obter tres das cinco medallas en estilos e libre.