Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Éxito de participación na última carreira do 2023

Por 2 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A San Silvestre de Lugo, organizada polo Club Fluvial, despediu o ano o domingo pola mañá cun gran éxito de público, xa que chegou a congregar un total de 800 participantes. Iker Fernández e Sandra González foron os protagonistas ao facerse coa medalla de ouro da competición nas súas respectivas categorías.

Fernández marcou un tempo de 24,11 minutos para completar o percorrido, de 7,3 quilómetros, que se desenvolveu pola contorna do Club, ás beiras do río Miño. A segunda posición masculina foi para Nicolás Arrojo, cun tempo de 24,28. Completou o podio Jarno Pousada con 24,39 de crono.

28,42 foi o crono de Sandra González para facerse co ouro na feminina absoluta, seguida de Elena Veres e Carmen González.

Na categoría cadete o podio masculino estivo formado por Samuel Vidal, Rafael Rábade e Gabriel González e o feminino por Carmen Rábade, Adriana Rebolo e Safya Moumni.

Na infantil, o vencedor foi Hugo Zuluaga, pero a segunda e terceira praza foron para Fabio de las Heras e Telmo Méndez. Na feminina o podio estivo formado por Lucía Varela, Mencía Álvarez e Claudia Morán.

Nicolás Villar foi o primeiro na categoría alevín, seguido por Saúl Lareo e Álex Muñoz, mentres que Lía Núñez obtivo o primeiro metal na feminina, seguida de Claudia Álvarez e Daniela Mourín.

Finalmente, na benxamín, o triunfo foi para Luca Villar, ao que seguiron Antón Quiroga e Daniel Guerrero, como segundo e terceiro. Na feminina, Antía Sanmartín foi a primeira, seguida de Iria Enríquez e Sara Real.