Skip to main content
Antas de Ulla

O Concello Antas de Ulla publica as bases para a contratación de oito operarios e un arquitecto

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello Antas de Ulla publica as bases para a contratación de oito operarios e un arquitecto. O BOP de Lugo do 29 de xaneiro, publica as bases para a contratación, en réxime de persoal laboral temporal, de 8 prazas de operario/as de servizos múltiples, a xornada completa e durante seis meses, no marco do Progama de Reforzo do Emprego 2024 financiado pola Deputación Lugo.

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días hábiles.

Por outra parte, publicáronse tamén as bases e a convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto/a, funcionario/a interino/a para o Concello de Antas de Ulla.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais.

Toda a información no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Antas de Ulla e no BOP.