Skip to main content
Baralla

O Concello de Baralla continúa coa campaña de retirada dos plásticos

Por 22 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Baralla continúa coa campaña de retirada dos plásticos de uso agrícola e gandeira. Será os días 3 e 4 de febreiro.

Desta forma, o concello facilita a reciclaxe e reutilización dun elemento altamente contaminante pola súa complicada degradación. A recollida só se realizará nos puntos de recollida establecidos en cada unha das parroquias.

Para favorecer os procesos de carga e descarga, os plásticos deberán de depositarse atados. O concello fai un chamamento á responsabilidade dos veciños e veciñas para que nestes puntos só se depositen plásticos agrícolas.