Skip to main content
Castroverde

A veciñanza de Castroverde volve concentrarse esixindo ter pediatra

Por 9 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O BNG convocou hoxe, martes 9 de xaneiro, unha concentración en Castroverde pola defensa da sanidade pública da comarca. “A Xunta intenta facer en Castroverde o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde”, afirmou Carme Aira.

“Nestes momentos os nenos e nenas de Castroverde non teñen atención pediátrica ata o día 12, o que ocasiona o desprazamento ata o Hula se queren ser atendidos por un pediatra”, denuncia Iria Castro.

Nesta concentración Iria Castro anunciou a recollida de sinaturas para esixir á Xunta de Galiza a restituír a atención médica completa no centro de saúde, “pois estamos vendo como se nos deixa sen médicos continuamente, levamos semanas sen contar con unha asistencia sanitaria normalizada, con demoras nas consultas e sen atención pediátrica. Unha situación insostible e que xoga coa saúde das persoas”.

Esta campaña de recollida de sinaturas farémola deixando pregos polos locais da localidade así como facendo campañas informativas. “As veciñas e veciños de Castroverde están demostrando que non se resignan a este deterioro da sanidade pública” conclúe Iria Castro.