Skip to main content
Lugo

Arroxo confirma que o pacto de Goberno mantense

Por 9 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou, ante o anuncio da dimisión da alcaldesa de Lugo, que o BNG seguirá a traballar no proxecto de cambio que se iniciou hai 4 anos e medio.

Arroxo afirmou que “todo o mundo pode ver o cambio que está a experimentar Lugo nos últimos anos”, e explicou que o BNG mantén intacto o compromiso para continuar coa labor de facer de Lugo un lugar mellor. “Poden cambiar as persoas, máis o proxecto de cidade segue en pé”.

Engadiu que o BNG sae ás eleccións galegas do 18 de febreiro “coa mellor candidata, Ana Pontón, que será a próxima presidenta da Xunta”. O portavoz do BNG dixo que “a partir do 18 de febreiro, co BNG no goberno de Galiza, defenderase Lugo despois de 15 anos de total abandono por parte do PP”.