Skip to main content
Lugo

O PP pregunta pola seguridade do Parque Móbil da Deputación

Por 10 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo tiveron coñecemento de que nos últimos días produciuse un roubo nas dependencias do parque móbil provincial, no que os ladróns levaron ferramentas e material valorado en varios miles de euros.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que “semella que os ladróns levaron todo o material e maquinaria do interior dun vehículo do parque móbil provincial, polo que preguntaremos se estes feitos son verdade e, no caso de ser certos, o valor do material roubado, se xa presentaron denuncia, ademais das medidas que vai tomar o goberno provincial para mellorar a seguridade nestas dependencias”.

Ameijide explica que “semella que non hai medidas de seguridade adecuadas as 24 horas do día” nunhas dependencias na que a Deputación Provincial ten material valorado en centos de miles de euros xa que nesta lugar está o parque móbil provincial e a Fundación TIC.

OUTROS ROUBOS E ACTOS VANDÁLICOS

Os deputados populares destacan que non se trata da primeira vez que os ladróns rouban en dependencias provinciais, xa que a concesionaria do Club Náutico de Portomarín pediu permiso á Deputación para instalar medidas de seguridade ante a vaga de roubos sufrida ou cando o goberno provincial presentou denuncia polos actos vandálicos producidos no mobiliario do paseo do Río Rato.